Mazaricos celebrou unha xornada de convivencia con máis de 800 maiores

Máis de 800 veciñas e veciños de Mazaricos participaron este sábado na Festa dos Maiores 2026, celebrada no Polideportivo Municipal da Picota, nunha xornada centrada na convivencia das persoas maiores de distintas parroquias.

O encontro, organizado polo Concello de Mazaricos, reuniu centos de asistentes arredor dun xantar no que se serviu empanada, polbo e carne ao caldeiro. A celebración estivo amenizada polo grupo musical Élite.

Un dos momentos máis destacados da xornada foi a lectura dunha regueifa composta para a ocasión por José Cambeiro ‘Uleiro’, veciño do lugar do Xián, na parroquia de Arcos. A peza foi lida polo tenente de alcalde, Jorge Villar, e serviu como recoñecemento á cultura popular galega e ao papel da xente maior na conservación das tradicións.

Segundo indicou o Concello, a presenza da regueifa buscou poñer en valor esta expresión da cultura oral galega e reivindicar a transmisión xeracional dos costumes e da identidade cultural.

A corporación municipal tamén participou na celebración, compartindo a xornada coas persoas asistentes e agradecendo a súa contribución ao desenvolvemento do municipio. Xunto co alcalde, Juan Blanco e os membros do goberno local tamén estaban o portavoz do PP, José Manuel Caamaño e de Espazo Común, Javier González.

O tenente de alcalde, Jorge Villar, destacou a elevada participación rexistrada nesta edición e afirmou que “ver máis de 800 persoas maiores xuntas, compartindo mesa, rindo e desfrutando, é a mellor recompensa ao traballo de todo o ano”.

Sobre a regueifa elaborada por José Cambeiro, Villar sinalou que “foi un momento máxico” e engadiu que esta tradición “é a nosa memoria en verso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos