Accidente en A Pereiriña – Cee con dúas persoas feridas

Tratouse dunha colisión frontolateral na AC-552, en A Pereiriña, ao paso por Cee. Contra as 10:30 horas deste sábado, unha testemuña do accidente contactou co 112 Galicia para pedir axuda, xa que había persoas feridas.

En concreto, tiveron que ser trasladados ao Hospital de Cee ambos os dous condutores, un deles despois de ser liberado polos Bombeiros de Cee. Efectivamente, estaba atrapado no interior do coche, polo que foi necesario empregar o equipo de excarceración para sacalo. Ademais de bombeiros e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cooperaron no operativo os axentes da Policía Local de Cee.

Info-AXEGA 112

FOTO-Bombeiros da Costa da Morte

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos