Comezan os traballos de restauración do Faro do Roncudo en Corme

A Autoridade Portuaria da Coruña comezou esta semana os traballos de restauración do emblemático Faro do Roncudo, situado na parroquia de Corme. As obras son o resultado dunha petición expresa realizada polo goberno local, co obxectivo de poñer en valor unha das zonas máis importantes e representativas do municipio. Esta actuación nace da estreita colaboración entre a Autoridade Portuaria e o Concello de Ponteceso.

O proxecto de restauración deseñouse baixo unha premisa fundamental: o respecto absoluto pola natureza. Deste xeito, a intervención ten como finalidade garantir que a contorna permaneza como está, mantendo a súa riqueza paisaxística e ambiental. Ao mesmo tempo, preténdese converter o faro nun espazo accesible e seguro, onde as familias de Ponteceso, así como visitantes de fóra, poidan pasear e contemplar a paisaxe da zona. A intención é que a cidadanía perciba unha mellora nas instalacións, asegurando en todo momento a protección do espazo natural.

Desde o Concello de Ponteceso quérese poñer en valor a boa sintonía entre as administracións para facer realidade esta mellora. O goberno local agradece publicamente á Autoridade Portuaria da Coruña, ao seu presidente e ao seu equipo técnico, a súa disposición para atender a solicitude e o seu compromiso coa obra.

“A restauración do Faro do Roncudo non só protexe o patrimonio marítimo de Corme, senón que consolida a aposta do Concello por un turismo sostible e de calidade, onde a natureza é a gran protagonista”, destacou o alcalde, José Manuel Mato.

O rexedor valorou o inicio dos traballos e sinalou que “o Faro do Roncudo é un dos grandes símbolos de Ponteceso e da Costa da Morte. Para nós era vital darlle o coidado que merece, pero sempre cunha liña vermella: o respecto absoluto pola nosa paisaxe”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos