Interesante exposición sobre os traxes tradicionais en Santa Comba

A Casa do Pozo acolle ata o vindeiro 30 de abril unha exposición didáctica centrada nos traxes tradicionais de Galicia, unha proposta que permite achegarse á historia e evolución da indumentaria popular a través de diferentes formatos.

A mostra, comisariada por Susana Peleteiro Fernández, presenta un percorrido divulgativo que combina miniaturas de traxes elaboradas sobre bonecas con paneis explicativos, fotografías antigas e pezas de roupa, así como mostras de tecidos. Este conxunto facilita unha aproximación ao contexto social e cultural no que xurdiron estas vestimentas e á súa evolución ao longo do tempo.

A exposición está dirixida a todos os públicos e poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de mañá ou mediante cita previa chamando ao teléfono 663 728 968.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación cultural impulsada polo Concello de Santa Comba con motivo do mes do libro e das Letras Galegas, baixo o nome A Estación das Letras e da Foliada, que busca promover actividades de carácter divulgativo e cultural abertas á veciñanza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos