O PSOE denuncia “caos” na limpeza de Muxía en Semana Santa

O grupo municipal do PSOE en Muxía denunciou este martes a situación de “caos” na limpeza e no mantemento do municipio en plena Semana Santa, e acusou ao goberno local, de IxMuxía e PP, de desatender estes servizos básicos ao longo do último ano.

Segundo trasladaron os socialistas, a falta de actuacións afecta tanto ao núcleo urbano como ás parroquias, incluíndo espazos con valor turístico, paisaxístico e patrimonial, nun momento clave pola chegada de visitantes. A formación asegura que existen queixas veciñais e de responsables de negocios pola acumulación de lixo, presenza de maleza e deficiencias no coidado de áreas recreativas e puntos de interese.

«Unha imaxe lamentable de cara ao turismo»

O portavoz socialista, Iago Toba Campaña, sostén que a situación non mellorou coa chegada da Semana Santa e afirma que o municipio presenta unha imaxe “lamentable” de cara ao turismo. Tamén critica que o executivo local priorice outros gastos, mentres, ao seu xuízo, descuida o mantemento ordinario.

Ademais, sinala que existen espazos con dificultades de acceso e zonas públicas sen intervención recente, o que, segundo indica, repercute na calidade dos servizos e na percepción exterior do concello.

“Con esta forma de actuar, están faltando ao respecto tanto aos propios veciños e veciñas sufridores diarios do abandono das aldeas e do núcleo como da imaxe de Muxía de cara ao turismo. Con este goberno donde son moitos a mandar e poucos a facer, Muxía pasou a estar na cola comarcal en limpezas e mantemento entre outros moitos eidos”

Os socialistas reclaman ao goberno local medidas urxentes para reverter esta situación e garantir un estado axeitado do espazo público, especialmente nun período de elevada afluencia de visitantes como a Semana Santa.

FOTO- Área recreativa “Remanso dos peregrinos” en Vilar de Sobremonte- Remitida polo PSOE

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos