O BNG solicita aclaracións sobre unha antena en Cícere

O BNG de Santa Comba solicitou ao Concello información sobre a tramitación da licenza de obra e a cesión dunha parcela municipal para a instalación dunha antena de telecomunicacións de 40 metros na parroquia de San Pedro de Cícere.

Segundo indica a formación, a documentación municipal recolle dúas cesións de fincas vinculadas ao proxecto, sen que se precise o resultado da primeira nin os motivos dunha segunda concesión. Esta última, engaden, afecta a unha parcela de 75 metros cadrados cun período de cesión de 25 anos.

O grupo nacionalista tamén pon o foco no procedemento empregado, ao sinalar que a concesión se realizou mediante decreto. Neste sentido, solicita aclaracións sobre a súa tramitación e a información facilitada á veciñanza.

Así mesmo, o BNG apunta que a actuación se xestiona mediante comunicación previa e demanda datos sobre posibles afeccións da infraestrutura no entorno, tras trasladar a existencia de inquietude entre residentes pola proximidade da antena ás vivendas.

A formación sinala que considera necesaria a mellora das comunicacións no municipio, aínda que defende que este tipo de actuacións deben desenvolverse con información suficiente e garantías para a cidadanía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos