Camariñas aproba o orzamento: Voto a favor do PSOE, abstención do BNG e en contra do PP

O pleno do Concello de Camariñas aprobou o orzamento municipal para 2026, que ascende a 6.639.961 euros, cun equilibrio entre ingresos e gastos e co obxectivo de garantir a estabilidade financeira.

Segundo o goberno local, as contas priorizan a área social, que representa o 17,7% do total, con preto dun millón de euros destinados aos servizos sociais. Pola súa banda, os servizos públicos básicos concentran máis de 2,8 millóns de euros, o 42,5% do orzamento. En conxunto, estas dúas áreas superan o 60% do gasto municipal.

A área de cultura e deporte supera o millón de euros, mentres que o capítulo de investimentos acada os 720.000 euros, duplicando a contía do exercicio anterior segundo indican desde o concello destacando as seguintes actuacións: humanización das rúas Alcalde Noguera Patiño e Médico Tomás de Artaza, mellora de beirarrúas na Avenida da Coruña, ademais da mellora de pavimentos no Allo, Tasaraño, Brea e Gándara en Xaviña.

Entre as actuacións previstas inclúense melloras en rúas e vías municipais, intervencións en distintas parroquias e proxectos relacionados co patrimonio e coas infraestruturas municipais.

A alcaldesa, Sandra Insua(PSOE), destacou que “estes orzamentos están pensados nas persoas, no benestar e na calidade dos servizos públicos”, e subliñou que se manteñen os criterios de boa xestión económica.

O documento recolle tamén medidas para a amortización de débeda, cunha previsión de carga financeira duns 85.298 euros ao longo do exercicio.


Orzamentos desilusionantes “dun desgoberno que pagamos entre todos»

O grupo municipal do PP en Camariñas votou en contra do orzamento municipal para 2026 e cualificou as contas de “pouco ambiciosas e resignadas”, segundo manifestou a súa portavoz, Paula Mouzo Mas.

A portavoz sinalou que o seu grupo viña demandando a elaboración dos orzamentos e ofrecendo colaboración, pero considera que o documento “non escoita nin ao PP nin ás demandas sociais de Camariñas”.

Mouzo criticou tamén a xestión do goberno local, ao que definiu como “acomodado”, e advertiu da falta de medidas para afrontar a perda de poboación e o impacto que isto pode ter nos ingresos municipais, sinalando que o concello podería baixar dos 5.000 habitantes.

Así mesmo, o PP denuncia o uso de contratos menores e afirma que non se están licitando determinados servizos, facendo referencia ás advertencias da Intervención municipal. Neste sentido, a portavoz apuntou que “parecen estar cómodos coa fórmula dos recoñecementos extraxudiciais de crédito”, que, ao seu xuízo, evidencian unha xestión irregular.

A formación tamén cuestiona que as contas non entrasen en vigor a comezos de ano e lamenta a ausencia dun proxecto que, segundo Mouzo, “reactive a economía do concello e apoie a iniciativa empresarial”.

Ademais, criticou a falta de investimentos en distintas zonas do municipio e advertiu sobre proxectos como Aldea Madeira, sinalando que “segue criando silvas”. Segundo os populares “volven a olvidarse de investimentos moi necesarios” como unha actuación na Obra de Man e na súa contorna, na estrada da Lagoa (Camelle e Arou), en Dor ou Barrosas (Ponte do Porto) en Tasaraño, A Piosa ou A Costa (Xaviña), Santa Mariña, Brañas Verdes, ou en diferentes puntos da capital municipal de Camariñas (zona do Castillo, A Cabreira, rúas Braña Carreira, Juan Carlos I…).Tamén fixo referencia ao custo dunha sentenza urbanística, cifrado en 385.000 euros, que vincula coa xestión do goberno local.

Emendas presentadas polo BNG

O voceiro municipal do BNG en Camariñas, Xurxo Rodríguez, presentou no pleno ordinario dúas emendas ao orzamento municipal para 2026, ambas rexeitadas polo grupo de goberno do PSOE.

As propostas incluían a habilitación dunha partida para construír unha cuberta no parque infantil da escola de Camelle e a creación de dotacións económicas para impulsar pequenas instalacións deportivas en diferentes puntos do municipio.Na votación final das contas, o BNG optou pola abstención.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos