Mazaricos cifra en 1,8 millóns os danos na súa rede viaria tras os temporais do inverno

O Concello de Mazaricos estima en arredor de 1,8 millóns de euros o custo necesario para reparar os danos provocados polos temporais do pasado inverno na súa rede viaria municipal, segundo unha valoración técnica externa encargada polo propio consistorio.

O informe cifra en 1.766.500 euros o investimento preciso para recuperar unhas condicións adecuadas de uso das pistas, unha cantidade que supera o 35% do orzamento municipal. As intensas choivas rexistradas durante case tres meses e o paso de máis de dez borrascas de forte impacto deterioraron de forma significativa unha rede de camiños que supera os 1.100 quilómetros e que dá servizo a explotacións agroganadeiras, fincas agroforestais e a máis de medio cento de pequenos núcleos de poboación.

Ante esta situación, o Concello traballa para garantir a transitabilidade das pistas nun momento clave para a actividade agrícola. Nos próximos días comezará a campaña de ensilado da herba e a sementeira do millo, un período no que aumenta o tránsito de maquinaria pesada polas vías rurais.

O responsable da brigada municipal de obras, Domingo Caamaño, explicou que os traballos actuais buscan habilitar accesos provisionais mentres se estudan solucións a medio prazo. “Traballamos para que todo estea transitable aínda que sexa de modo provisional. O arranxo completo vai ser imposible a curto e medio prazo porque os recursos municipais son totalmente insuficientes para isto”, sinalou.

O Concello solicitou ademais unha reunión coa consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia co obxectivo de trasladar a situación e pedir apoio institucional para afrontar as reparacións.

Desde o consistorio sublíñase que a rede viaria municipal resulta esencial para a actividade económica do municipio, xa que conecta explotacións, fincas e núcleos rurais, e o seu deterioro afecta tanto á produción agroganadeira como á mobilidade e á seguridade da veciñanza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos