Diego Vilas: “Superamos as cifras do ano pasado na Feira da Primavera”

A Feira da Primavera de Santa Comba celebrará esta fin de semana a súa 15ª edición cun “cheo absoluto do recinto”, segundo confirmou o presidente da Asociación de Empresarios, Diego Vilas, nunha entrevista en Radio Xallas. O evento desenvolverase os días 13, 14 e 15 de marzo no recinto feiral, con acceso gratuíto.

Entrevista de Diego Vilas en Radio Xallas

Vilas explicou que nesta edición participarán 56 expositores, ocupando máis de 4.000 metros cadrados. O presidente subliñou que estas cifras permiten “superar o número de expositores respecto á edición do ano pasado”, o que considera un indicador da consolidación da feira como referencia comarcal.

Os sectores representados inclúen automoción —con máis de 200 vehículos expostos—, comercio téxtil, calzado, complementos, roupa de fogar, gastronomía e servizos. A organización destaca tamén a presenza de expositores doutras comunidades como Asturias, Cantabria ou Salamanca, habituais xa nesta cita anual.

A feira abrirá o venres ás 17.00 horas, ata as 21.00. O sábado e o domingo o horario será ininterrompido, desde as 10.00 ata as 21.00 e 20.30 horas, respectivamente. O obxectivo, segundo Vilas, é ofrecer “un amplo horario” que facilite a asistencia do público en calquera momento da xornada.

Actividades paralelas

A programación inclúe actividades paralelas para todos os públicos, con talleres infantís, inchables, demostracións de produtos locais e actuacións musicais. A Asociación de Empresarios aposta especialmente por dar visibilidade aos artistas da zona, polo que actuarán o grupo de acordeóns de Santa Comba e o grupo de pandereteiras “As Loitadoras”.

Vilas tamén repasou a actualidade da entidade, que estreou recentemente unha nova sede na rúa Alfonso Molina, e celebrou o seu 30º aniversario cun cocido de confraternidade. O presidente avanzou que este será “o mellor ano desde que son presidente”, con arredor de dez campañas comerciais programadas e coa previsión de celebrar a feira da construción Construxallas a finais de ano.

Finalmente, convidou á cidadanía a achegarse ao recinto feiral: “Esperámosvos a todos… onde poderedes atopar todo o que vos poidades imaxinar”, afirmou.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos