O Goberno de Corcubión traslada á oposición o borrador da nova ordenanza de tráfico

O goberno local de Corcubión, encabezado polo BNG, trasladou aos grupos da oposición o borrador da modificación da ordenanza municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor, seguridade viaria e utilización das vías públicas, co obxectivo de que poidan analizar o documento e formular propostas antes da súa tramitación definitiva.

Segundo informou o executivo municipal, o texto foi remitido aos grupos do PSOE, PP e Sempre Corcubión para facilitar o estudo detallado das modificacións e abrir un proceso de diálogo previo á súa aprobación. O goberno local pretende levar a proposta ao pleno ordinario previsto para o mes de maio.

A intención é que a nova regulación poida entrar en vigor durante o verán, unha vez completado o proceso de revisión e debate cos distintos grupos municipais.

As modificacións da ordenanza buscan introducir medidas destinadas a mellorar a convivencia nas rúas, especialmente no casco histórico da vila, que segundo o Concello soporta unha importante presión derivada do tráfico de vehículos.

Actuacións con permanencia no tempo

O executivo municipal sinala que o obxectivo destas medidas é “establecer actuacións con permanencia no tempo para mellorar a convivencia nas rúas, protexer o patrimonio e garantir un espazo público máis seguro e habitable para a veciñanza”.

Entre as novidades que incorpora o borrador figura a posibilidade de contar cun vixiante municipal. Esta figura está contemplada na Lei de Policía Local de Galicia para aqueles concellos que non dispoñen dun corpo propio de policía local e permite contar con persoal encargado de ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no solo urbano legalmente delimitado.

A proposta tamén desenvolve ferramentas xa previstas na normativa municipal anterior para reforzar a xestión e a ordenación do tráfico no municipio.

Co traslado do borrador á oposición, o goberno local sinala que cumpre o seu compromiso de manter o diálogo cos distintos grupos políticos co obxectivo de avanzar nun modelo de vila máis accesible e adaptado ás necesidades da veciñanza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos