O PSOE pide no Parlamento unha ambulancia medicalizada para a Costa da Morte

A deputada do PSdeG-PSOE no Parlamento galego, Patricia Iglesias, reclamou a dotación dunha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte, ao considerar que se trata dun recurso “esencial e imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade”.

Nunha iniciativa presentada na Cámara autonómica, a parlamentaria socialista subliñou que a veciñanza leva “25 anos, que se di pronto, esperando por ter unha ambulancia medicalizada” para a zona da Costa da Morte e de Bergantiños.

Iglesias advertiu da importancia de contar cun dispositivo destas características ante emerxencias sanitarias graves. “Pensemos nun infarto ou un ictus, onde realmente un minuto é esencial e cuestión de vida ou morte”, sinalou.

Na actualidade, segundo indicou, a ambulancia medicalizada máis próxima atópase na Coruña, o que, ao seu xuízo, supón unha demora considerable na atención. A deputada apuntou tamén á distancia co hospital comarcal de Cee e lembrou que “os núcleos de poboación da Costa da Morte están moi espallados”, unha circunstancia que, segundo afirmou, reforza a necesidade de dotar á comarca deste recurso sanitario.

A parlamentaria socialista cualificou esta demanda como unha reivindicación histórica “tanto da veciñanza como tamén do Partido Socialista” ao longo de distintas lexislaturas e avanzou que o seu grupo continuará insistindo nesta petición.

“Esixirémoslle á Xunta de Galicia, ao goberno galego e ao Sergas que doten dunha vez por todas a esta comarca dunha ambulancia medicalizada”, concluíu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos