A Laracha impulsa un estudo pioneiro sobre saúde mental na infancia e adolescencia

O Concello presentou un estudo pioneiro para analizar o benestar emocional e a saúde mental da infancia e da adolescencia do municipio, co obxectivo de elaborar unha diagnose que oriente futuras políticas públicas neste ámbito.

A iniciativa foi dada a coñecer polo alcalde, José Manuel López Varela, xunto á concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, a técnica municipal Mari Ameijeiras e a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM), Ana Aldao. Segundo explicou o rexedor, o proxecto responde á necesidade de contar cun coñecemento máis directo da situación nun eido que cualificou de especialmente sensible.

A concelleira enmarcou o estudo no programa Cidades Amigas da Infancia e no Plan Local de Infancia e Adolescencia, que recolle expresamente a elaboración desta análise. Para o seu desenvolvemento, o Concello contará coa colaboración dos tres colexios de educación infantil e primaria (CEIP) e do instituto (IES) do municipio, así como con entidades deportivas e culturais e co centro de saúde.

Plan de traballo

A recollida de información entre o alumnado realizarase mediante cuestionarios estruturados, en formato dixital ou físico, que se cumprimentarán en horario lectivo. O instrumento foi deseñado a partir de escalas e evidencias científicas consolidadas e adaptado ás distintas idades. Avaliará cuestións como o estado emocional, a satisfacción coa vida, as relacións familiares e sociais, a experiencia educativa, os hábitos de lecer e o uso das novas tecnoloxías.

Ademais, o proceso incluirá entrevistas, enquisas e foros de discusión con familias, profesorado e profesionais dos ámbitos social, educativo e sanitario. Tamén participarán os membros do Espazo de Participación da Infancia e Adolescencia (EPIA), que contribuirán á interpretación dos resultados e á formulación de propostas.

Os datos recompilados permitirán elaborar un informe técnico que servirá de base para o deseño de programas de promoción do benestar emocional e de prevención de posibles dificultades de saúde mental en idades temperás. O Concello prevé presentar as conclusións no vindeiro curso escolar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos