O vindeiro venres 27 de marzo, A Pereira, en Santa Comba, celebra a terceira edición da súa Festa da Xuventude.
A orquestra Cinema amenizará a verbena. A formación mantén na súa dianteira os irmáns Romero, César e Raúl a Boris Jeyko Rodríguez e a solista pontevedresa Tamara Fernández. As novidades desta tempada , na primeira liña, son Antía Caride e Carlitos Lage.
Tamén forma parte do cartel a “televisiva” Leticia Sabater. Chegarña a terras xalleiras despois de varias actuacións na zona de Valencia, Albacete e Salamanca.
E para completar a oferta musical a discoteca móbil La Mega CDC. Haberá carpa e unha pulpeira (Sanjurjo do Carballiño)


