O BNG esixe a limpeza do lixo acumulado xunto unhas naves municipais en Santa Comba

O responsable municipal do BNG en Santa Comba, Juan David Sixto, esixe ao goberno local a limpeza do lixo acumulado á beira das naves onde se imparten ensinanzas de música e adestra o equipo de taekwondo. Segundo o BNG, o propio Concello xenerou este vertedoiro con residuos sólidos nos últimos tempos.

“Alertamos da irresponsabilidade que supón manter así as instalacións sen executar ningunha actuación de mellora e agora temos que engadir que o goberno municipal non só non fixo nada senón que é tamén responsábel do estercoleiro que acumularon no exterior» denuncia Sixto.

A denuncia súmase á presentada hai quince días polo partido, na que se criticaba o mal estado do interior das instalacións e se pedía unha actuación urxente..

o BNG de Santa Comba subliña que o Concello non realizou ningunha mellora no interior das instalacións, onde se produce filtración de auga e risco próximo a instalacións eléctricas, e ademais é responsable do vertedoiro externo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos