Detido un condutor en Baio por alcoholemia e por circular co permiso suspendido

A Garda Civil detivo en Baio a un condutor como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria tras sufrir unha saída de vía no punto quilométrico 3,200 da estrada DP-4001, no concello de Zas.

Os feitos producíronse cando o vehículo saíuse da calzada, o que motivou a intervención dos axentes. Unha vez no lugar, comprobaron que o condutor presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. As probas realizadas posteriormente confirmaron taxas superiores ás legalmente permitidas e constitutivas de delito.

Durante as comprobacións efectuadas polos efectivos da Garda Civil, constatouse ademais que o home tiña o permiso de conducir suspendido por orde xudicial da Sección do Penal número 2 de Santiago, polo que non podía poñerse ao volante en ningún caso.

Así mesmo, sobre el pesaba unha requisitoria de busca, detención e personación emitida por un xulgado de Carballo, relacionada tamén con feitos vinculados á seguridade viaria.

O detido foi trasladado a dependencias policiais e posteriormente posto a disposición do xulgado de garda de Corcubión.

Desde a Garda Civil lémbrase a importancia de non conducir baixo os efectos do alcohol e de respectar as resolucións xudiciais en materia de tráfico, co obxectivo de garantir a seguridade de todas as persoas usuarias das vías.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos