Os temporais deixan 132 incidencias no alumeado público de Mazaricos

As dez borrascas de gran impacto rexistradas no que vai de 2026 en Mazaricos provocaron 132 incidencias na rede municipal de iluminación pública, segundo o balance realizado polo departamento de Servizos do Concello.

Os temporais —Goretti, Harry, Ingrid, Joseph, Kristin, Leonardo, Marta, Nils, Oriana e Pedro— sucedéronse durante os dous primeiros meses do ano, activando múltiples alertas meteorolóxicas de nivel amarelo e laranxa por vento e choiva na comarca.

De acordo cos datos facilitados polo consistorio, os danos máis graves estiveron relacionados co impacto dos raios durante as tormentas eléctricas, que afectaron a diversas infraestruturas. Entre as incidencias rexistradas figuran cadros eléctricos queimados que tiveron que ser substituídos por completo, farolas con danos irreparables nos seus compoñentes electrónicos e distintas avarías na rede de subministración do alumeado público.

Os servizos municipais levan semanas traballando na reparación e reposición do servizo nas zonas afectadas. Nalgúns casos, segundo sinalan fontes municipais, foi preciso substituír equipamentos completos, o que alongou os prazos de actuación.

O Concello pediu desculpas polas molestias ocasionadas á veciñanza, especialmente nas áreas que permaneceron máis tempo sen iluminación, e subliñou que se tratou dunha “sucesión de temporais excepcional” concentrada nun curto período.

Para comunicar incidencias, o consistorio lembra que a cidadanía pode empregar a aplicación móbil municipal ou contactar telefonicamente cos servizos municipais.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos