Camariñas nomeará a Marcial Mouzo Fillo Predilecto o 15 de xullo

O Concello de Camariñas nomeará a Marcial Mouzo, Fillo Predilecto o 15 de xullo, véspera da festividade da Virxe do Carme.

O Concello de Camariñas celebrará o vindeiro 15 de xullo o acto oficial no que nomeará ao locutor Marcial Mouzo Vidal como Fillo Predilecto da vila, a máxima distinción que pode outorgar a corporación municipal a un veciño nacido no municipio.

O goberno local sinala que con este recoñecemento quere render homenaxe ao comunicador camariñán, recentemente xubilado despois de anos dirixindo as madrugadas da Radio Galega, e poñer en valor o seu vínculo coa localidade.

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que “Camariñas devolveralle a Marcial Mouzo unha pequena parte de todo o cariño e a dedicación que el repartiu ao longo da súa extensa e exitosa carreira profesional” e avanzou que se convidará á veciñanza a participar nun acto que cualificou de especial para a vila.

Pola súa banda, o propio Marcial Mouzo reaccionou nas redes sociais tras coñecer o anuncio: “Vivo sen vivir en min. Estou nunha nube de emocións, a ver se aguanto a presión! Moitas grazas, Camariñas!”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos