Concurso de Disfraces de Vimianzo 2026

O Concello de Vimianzo fixo balance moi positivo do Entroido 2026 que converteu a vila «nun espazo de encontro, creatividade e tradición. Un dos actos centrais foi o Concurso de Disfraces que repartiu 3.000 euros en pemios e deixou os seguintes premiados.

Máis de 3.000 euros en premios

Establecéronse os seguintes premios por categorías: Comparsas de 20 ou máis integrantes: 1.000 € (1º premio), 500 € (2º premio), 200 € (3º premio). Grupos de 3 a 19 integrantes: 300 € (1º premio), 200 € (2º premio), 100 € (3º premio). Familias empadroadas en Vimianzo (mínimo 6 integrantes e 3 xeracións): 200 €. Parellas: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio). Infantís individuais: 60 € (1º premio), 40 € (2º premio), 20 € (3º premio). Adultos individuais: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

Establecéronse os seguintes premios por categorías:

PREMIADOS

Individual infantil: Cristóbal Colón (60 €), La princesa de los cuentos (40 €), Cabaliño (20 €).

Individual adultos: Optimus Prime (100 €), Chamán (75 €), Dino Rasta (50 €).

Parellas: Os Chapalatas (100 €), Nin rata, nin rato, ratiña!! (75 €), As medusas (50 €).

Grupos: A luz do camiño – Pontedisfraz (300 €), Carantoña nas nubes (200 €), Cabaliños do Monte Faro (100 €).

Familias de Vimianzo: Os exploradores interxeracionais vimianceses (200 €).

Comparsas: Molin Rouge 1889 – Muros (1.000 €), Latexo Galego – Asociación Cultural Mocatriz (500 €), A fábrica da lus – A.C. Trubisquiña (200 €).

O xurado estivo integrado por Mar Barreiro (La Voz de Galicia), Ángela Rodríguez (Radio Nordés) e José Manuel Ramos (El Correo Gallego). O Concello agradeceu tamén a colaboración de Marta Alonso e Pablo Reboleiro, presentadores do concurso; de Javi Sampedro, encargado do son; e do persoal municipal. A próxima cita do Entroido en Vimianzo será o sábado 21 de febreiro en Baiñas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos