8.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

A Xunta investirá 46.000 € na mellora da escola infantil de Fisterra

A Xunta de Galicia investirá máis de 46.000 euros na mellora da escola infantil de Fisterra, pertencente á rede pública autonómica. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Luís Insua, asinaron hoxe o convenio de colaboración e visitaron o centro.

As obras, que executará o concello durante o verán aproveitando a inactividade do centro, inclúen o subministro e instalación de toldos no patio exterior, o pintado de fachadas, aulas e comedor, a instalación dun novo falso teito na cociña, a renovación das mosquiteras, rodapés e protectores de esquinas, e unha nova porta de acceso a aulas.

Perfecto Rodríguez destacou que esta actuación se enmarca no compromiso da Xunta coa atención á infancia e co apoio á conciliación das familias. Subliñou que este é o cuarto curso consecutivo no que as familias galegas non pagan pola escolarización nos centros de 0 a 3 anos, o que sitúa a Galicia á cabeza da escolarización nesta etapa cunha taxa do 65%, 15 puntos por riba da media nacional.

As melloras na escola infantil de Fisterra forman parte dun programa máis amplo de intervencións en centros de 0 a 3 anos de titularidade municipal e autonómica. Para estas actuacións, a Xunta destinará preto de 980.000 euros procedentes do Fondo de Cohesión e Transformación Social, que permitirán reformas, ampliacións, renovación de cubertas e fachadas e mellora de equipamento segundo as necesidades de cada centro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos