9.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Zas convoca unha reunión veciñal pola falta de persoal no Centro de Saúde

O Concello de Zas convoca á veciñanza a unha reunión informativa para analizar a situación do Centro de Saúde, que nos últimos meses está a sufrir dificultades pola falta de persoal sanitario. A cita será este venres, 13 de febreiro, ás oito da tarde, no Centro Sociocultural de Zas.

Segundo explica o Concello, a marcha dun dos médicos titulares e a ausencia de pediatra están a reducir os servizos dispoñibles, con consecuencias directas na atención á poboación. Entre elas, un alongamento significativo dos prazos para conseguir cita médica e problemas recorrentes para cubrir suplencias, especialmente en períodos de baixa ou vacacións.

Un servizo esencial

Desde o goberno local, o alcalde Manuel Muíño sinala que a situación está a xerar preocupación entre a veciñanza, en particular nos colectivos máis vulnerables. O Concello indica que o obxectivo da reunión é abrir un espazo de diálogo coa cidadanía, informar con transparencia, recoller achegas e valorar medidas para reclamar unha solución ás administracións competentes.

Muíño asegura que “a sanidade pública é un servizo esencial e non podemos permitir que o noso Centro de Saúde siga perdendo recursos sen que se dean respostas claras”. Engade que a falta de persoal está a sobrecargar o servizo existente e a obrigar á veciñanza a esperar máis do razoable para ser atendida.

O alcalde lembra que, segundo o Concello, non se trata dun problema puntual, senón dunha situación que se prolonga no tempo e que non está a ser resolta con regularidade a través de suplencias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos