8.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 5, 2026

Coristanco activa un programa para maiores

O Concello de Coristanco puxo en marcha VIVE+, un novo programa pensado para persoas maiores de 60 anos co obxectivo de favorecer un envellecemento activo, saudable e participativo. A iniciativa nace como unha proposta estable e continuada no tempo, coa intención de ofrecer actividades regulares que axuden a mellorar a calidade de vida da veciñanza maior do municipio.

O alcalde, Juan Carlos García, explicou que o programa pretende responder ás necesidades reais da poboación, apostando por unha visión preventiva e comunitaria do envellecemento. O Concello busca así ir máis alá das accións puntuais e crear unha estrutura de actividades accesible e adaptada á contorna local, co foco posto non só na saúde física, senón tamén no benestar emocional, na estimulación mental e na vida social.

VIVE+ estrutúrase en seis grandes liñas de actuación. A primeira céntrase no exercicio físico adaptado, orientado a manter a mobilidade e favorecer a autonomía. Outra área clave é a nutrición e os hábitos saudables, entendidos como un elemento fundamental para previr enfermidades e conservar unha boa saúde.

O programa inclúe tamén un bloque dedicado á convivencia e participación comunitaria, co obxectivo de fortalecer vínculos, fomentar a implicación social e reducir situacións de soidade non desexada. Xunto a isto, inclúense actividades de memoria e estimulación cognitiva, dirixidas a manter as capacidades mentais e retardar o deterioro asociado ao paso do tempo.

A iniciativa reserva igualmente un espazo para a creatividade e a expresión artística, como ferramenta para favorecer a comunicación, a motivación e o desenvolvemento persoal. A combinación destas áreas pretende ofrecer unha proposta completa e equilibrada, na que a saúde, o benestar e a participación social vaian da man.

Ademais, o Concello habilita un servizo de apoio ao transporte para aquelas persoas que teñan dificultades para desprazarse, co fin de facilitar a asistencia ás actividades. Esta opción debe consultarse no momento de formalizar a inscrición.

Dende o goberno local, sinalan que VIVE+ forma parte da súa liña de traballo en políticas sociais, buscando reforzar a cohesión da comunidade e mellorar a vida diaria das persoas maiores de Coristanco

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos