Santa Comba aproba o POS+ 2026 con máis de 1,2 millóns para obras e gasto corrente

O Pleno de Santa Comba aprobou, cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP, o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) da Deputación da Coruña, cun orzamento global de 1.207.139,07 euros.

Destínanse 725.193,40 euros a obras e outros 481.945,67 euros para gasto corrente. “Entre o plan inicial e o complementario imos chegar a todas as parroquias”, afirmou Alberto Romar, que destacou a aposta polo aglomerado para as melloras viarias.

Tres proxectos cunhas trinta actuacións

Na parroquia de Castriz actuarase na estrada de Boimente e nos núcleos de Padreiro e Frieiro. Tamén se acometerán obras nos núcleos de Recarei, Abeleiras, Grixoa de Esternande (2) e San Salvador (2).

No plan tamén se inclúen outras dúas actuacións nas Figueiras, na parroquia de Bazar, e a renovación do firme no núcleo de Cubelo, no Camiño da Ponte, nos accesos en Ventosa e Cerdeiras, e na rúa Ferradura.

Alón é outra das parroquias incluídas no POS+ 2026 polo Concello de Santa Comba, con tres actuacións, no Couto, en Esmorode e en Alón.

En Fontecada aglomeraranse as inmediacións do campo da festa de San Martiño, que linda coa igrexa. A parroquia de Cícere conta con outros dous proxectos, nos núcleos de Rebordelos e a primeira fase no de Mallón. Santa Sabiña tamén se beneficiará do POS+, con actuacións en Varilongo e Os Fornos, rematando cun asfaltado de medio quilómetro na costa de San Bartolomeu.

O listado complétase coas melloras no camiño interior en Vilar de Céltigos, e outros en San Cristobo e en Arán, todos eles con aglomerado. No pleno tamén se aprobou o Plan complementario, cun orzamento total de 517.044,66 euros para a execución de seis proxectos.

Debate entre PSOE e PP

“Podría haberse executado todo en obras para os veciños de Santa Comba, pero se se dedica case o 40 % para pagar facturas é porque realmente hai unha mala xestión”, manifestou a portavoz do PP, María Pose.

Pose asegurou que o seu partido non votaría en contra de obras e volveu lamentar “que non se contou con nós”.

O alcalde Alberto Romar puxo como exemplo outros concellos: “O máis serio sería deixar todo para gasto corrente como fan moitos concellos como As Pontes ou A Laracha”, ou outros da comarca que destinan a maioría destes fondos de maneira similar a Santa Comba. Romar valorou a súa xestión: «Hai anos que non se ven tantas obras e tan dispersas polo concello».

Vídeo co pleno de Santa Comba completo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos