O concello de Mazaricos pon en valor o proxecto da Senda do Xallas

O concello de Mazaricos valorou positivamente a sinatura do convenio da Senda do Xallas-

Segundo explica o concello, “o proxecto permitirá acondicionar máis de 70 quilómetros de ruta fluvial, conectando Mazaricos cos municipios veciños de Santa Comba e Zas, poñendo en valor a nosa riqueza natural, histórica e paisaxística”.

Ademáis indica que “este gran proxecto non suporá un esforzo económico para as arcas municipais” xa que a Deputación da Coruña financiará o 80% da obra, case 300.000 euros, e Xeal asumirá a aportación correspondente ao Concello.

Colaboración público-privada

“Grazas a esta colaboración público-privada, Mazaricos contará con novas pasarelas, sinalización e áreas de descanso sen que a veciñanza teña que aportar fondos” detallas nun comunicado.

O itinerario permitirá que veciños e visitantes percorran o río Xallas, fomentando o deporte, o turismo sostible e o respecto pola biodiversidade.

Desde o goberno local que preside Juan Blanco sinalan que seguirá traballando na xestión de recursos “para que os grandes proxectos cheguen ao noso Concello sempre da man da colaboración e o aforro para os veciños”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos