O PSdeG levará ao Parlamento as deficiencias do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose

O PSdeG-PSOE reclamará no Parlamento de Galicia melloras urxentes para os centros educativos de Zas, concretamente o CPI de Zas e o CEIP Labarta Pose de Baio. A formación asegura que a situación actual supón un “perigo para a saúde e a seguridade do alumnado e do persoal”.

A denuncia foi trasladada pola portavoz socialista en Zas, Sheila Rial, tras unha visita ao CPI acompañada por Patricia Iglesias e Aitor Bouza, membros do Grupo Parlamentario Socialista. Segundo explicou Rial, no centro conviven con humidades e filtracións, e asegura que os deshumidificadores son “uns máis nas aulas”.

Durante a visita, os representantes socialistas mantiveron encontros co profesorado e coa ANPA, que lles trasladaron as súas reivindicacións. Rial afirmou que “o que se ve nas fotos queda curto comparado coa realidade” e insistiu en que o estado do edificio afecta á seguridade e á saúde.

A continuación, tamén visitaron o CEIP Labarta Pose, onde sinalaron deficiencias como humidades, goteiras, teitos inestables e tuberías oxidadas. A portavoz socialista advertiu de problemas coa auga, indicando que “as nenas e nenos xa nin beben auga” pola falta de subministración suficiente e pola situación das instalacións.

O PSdeG avanzou que o asunto será levado ao Parlamento polo Grupo Socialista o mércores 11 de febreiro, no pleno no que, segundo indicaron, se tratará ante o conselleiro de Educación. Rial instou tamén ao Concello de Zas a implicarse na busca dunha solución.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos