10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Santa Comba: o BNG pide solucións urxentes para o Centro de Saúde

O BNG de Santa Comba alertou hoxe sobre a situación extrema no Centro de Saúde do municipio. O responsábel local, Juan David Sixto, participou nunha visita ás instalacións xunto coa deputada Iria Carreira e representantes da CIG-Saúde, para denunciar as graves deficiencias que afectan tanto ás persoas usuarias como ao persoal.


Segundo explicaron, a temperatura de traballo e atención no centro continúa en 12 graos, pese ás múltiples reclamacións presentadas desde hai máis de dous anos, situación que consideran “totalmente intolerábel”. Ademais, os responsables da CIG recordaron que existe unha comunicación de risco laboral detectado, que alertaba sobre problemas nos equipos, na instalación eléctrica e na sala de caldeiras.


O BNG lamenta a falta de actuación do goberno municipal e da Xunta e asegura que estas deficiencias, xunto coa escaseza de espazos e o mobiliario deteriorado, dificultan seriamente a actividade sanitaria. Juan David Sixto insistiu en que “Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade” e reclamou solucións inmediatas, incluída unha reforma integral ou mesmo a construción dun novo edificio se fose necesario.


A situación, sinalan, xa se atopa nun nivel de extrema precariedade, e o BNG insiste en que as institucións competentes deben actuar sen máis demora para garantir a seguridade e o benestar de traballadoras e veciñanza.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos