Dumbría aproba por unanimidade o POS+ 2026 con gasto corrente e dúas obras en Prado e San Crimenzo
O Concello de Dumbría aprobou no pleno extraordinario celebrado este 4 de febreiro de 2026 o Plan Provincial de Obras e Servizos (POS+) 2026, que saíu adiante por unanimidade.
O plan inclúe, por unha banda, o financiamento de gasto corrente para o exercicio 2026 por un importe de 367.970,68 euros.
No apartado de investimentos, recóllense dúas actuacións principais: a mellora do núcleo de Prado, cun orzamento de 70.268,27 euros, e a mellora do viario no núcleo de San Crimenzo, por valor de 227.370,35 euros. A achega provincial total para investimentos ascende a 297.638,62 euros.
Ademais, dentro do Plan Complementario 2026, o Concello inclúe a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de O Conco, cunha partida de 220.234,35 euros.
Convenio con EDP Renovables
No mesmo pleno extraordinario aprobouse tamén o convenio de colaboración entre o Concello de Dumbría e EDP Renovables, S.L.U., polo que a empresa se compromete a abonar ao concello un total de 372.372 euros no período comprendido entre os anos 2026 e 2029, ambos incluídos.
O acordo foi aprobado con oito votos a favor —os seis do PSOE e os dous do PP— mentres que o BNG abstívose.
Foto- O alcalde Raúl González nunha visita a Radio Xallas


