10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Detido por roubar 120 metros de cable de cobre en Santa Comba

A Garda Civil detén en Santa Comba un veciño de Dumbría por roubo de cable de cobre


A Garda Civil do posto de Negreira detivo un home, veciño de Dumbría, como presunto autor dun delito de furto, tras ser sorprendido en plena noite manipulando unha liña telefónica na localidade de Esmorode, no concello de Santa Comba, preto da estrada AC-400.

Segundo a información facilitada, unha patrulla que realizaba un servizo preventivo de seguridade cidadá detectou a presenza do individuo xunto ao tendido e interceptouno no momento en que estaba a manipular o cableado. Ao comprobar o lugar, os axentes confirmaron que xa tiña subtraídos 120 metros de cable de cobre, material que foi recuperado e incautado.

O home foi detido no acto como presunto autor dun delito de furto. A Garda Civil indica ademais que se trata dunha persoa coñecida polas forzas de seguridade por feitos similares.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos