10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

Denuncia penal pola rotura dunha balsa mineira en Monte Neme

Ecoloxistas en Acción presentou este luns, 2 de febreiro, unha denuncia penal nos xulgados de Carballo por presuntos delitos contra o medio ambiente en relación coa falla crítica dunha balsa de residuos mineiros da mina de Monte Neme, rexistrada o pasado 31 de xaneiro.

A denuncia diríxese contra responsables políticos e técnicos da Xunta de Galicia e contra as empresas que integran a UTE MONTENEME, encargadas das obras de restauración da explotación. Entre as persoas denunciadas figuran a conselleira de Economía e Industria, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas e un enxeñeiro de minas do departamento territorial da Coruña.

Segundo Ecoloxistas en Acción, a rotura produciuse nunha balsa situada ao sur da mina e provocou o vertido incontrolado dun gran volume de augas contaminadas con metais pesados. Estas augas descenderon polo Rego de Tuixe e o Rego dos Riás ata a Praia dos Riás, no interior da ZEPA Costa da Morte, espazo integrado na Rede Natura 2000. O vertido causou danos ambientais visibles ao longo de todo o percorrido e obrigou ao corte da estrada local entre Leiloio e Aviño.

A organización ecoloxista desmente as explicacións oficiais que atribúen o sucedido ás choivas ou á existencia dunha galería descoñecida. Asegura que a galería pola que se baleirou a balsa estaba inventariada en documentos oficiais da propia Administración autonómica desde, polo menos, o ano 1998.

Ecoloxistas en Acción relaciona directamente a falla cos traballos de restauración impulsados pola Xunta desde decembro de 2025, nos que se realizaron importantes movementos de terras que terían desprazado augas contaminadas cara a unha balsa sen condicións adecuadas de estabilidade. Parte destas augas, sinalan, deberían terse sometido a tratamento, unha actuación que representa máis da metade do orzamento do proxecto, financiado con fondos europeos Next Generation.

A denuncia tamén subliña a contradición entre as análises oficiais actuais, que descartan contaminación poucas horas despois do vertido, e as realizadas tras a falla de 2014, cando Augas de Galicia confirmou a toxicidade das augas e lodos procedentes da mesma mina. Naquel episodio vertéronse máis de 24.000 metros cúbicos de augas contaminadas, con importantes danos ambientais e económicos nas parroquias de Aviño e Razo da Costa.

Para a organización ecoloxista, o sucedido non é un feito illado, senón a consecuencia de décadas de abandono e falta de control administrativo, a pesar de que a perigosidade das balsas de Monte Neme figura en inventarios oficiais desde finais dos anos noventa. Ecoloxistas en Acción solicita a apertura de dilixencias previas, análises independentes e o acceso a toda a documentación técnica e administrativa, e anuncia que se personará como acusación popular.

fotos- ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos