Aprobado por unanimidade o Plan Único 2026 de Camariñas

A corporación local de Camariñas aprobou por unanimidade a proposta do goberno local para o Plan Único 2026, consistente en destinar 319.174 euros a gasto corrente e executar a humanización das rúas Alcalde Noguera Patiño e Médico Tomas Artaza, cun orzamento de 162.528,23 euros. As s obras consistirán na renovación da rede de saneamento, de abastecemento e a pavimentación das rúas. Ademais, instalarase unha nova rede separativa para a recollida de augas pluviais.

Tamén se aprobou a proposta para o Plan Complementario, con oito proxectos que suman 518.588 euros e suporán melloras na Casa do Mar de Camelle, na pista a Mourín(Camariñas), nunha pista da Grixa(Ponte do Porto), en A Rucheira (Arou), e acometer dúas fases do chamado Plan Milleira.

A portavoz do PP de Camariñas, Paula Mouzo Mas, xustificou o voto favorable ao POS «porque todas as obras que melloren as condicións de vida dos veciños son necesarias e, neste caso, moitas delas levamos moito tempo demandándoas desde o Partido Popular». Porén, criticou que os responsables municipais dediquen gran parte deste plan provincial a gasto corrente, «deixando esquecidas actuacións importantes e urxentes solicitadas polos veciños». 

Rogos e preguntas da oposición

Tamén votou a favor o Bloque. No apartado de rogos e preguntas, Xurxo Rodríguez Baña, reiterou a sua petición de melloras no parque infantil do CEIP de Camelle, o arranxo de rúas de Camariñas que están en mal estado e a limpeza de sumidoiros en diversas zonas do municipio.

Desde o Partido Popular, entre outras cuestións, demandaron o arranxo do firme da ponte de Ponte do Porto, a mellora “urxente” da estrada que comunica Camelle con Arou “moi transitada e en pésimas condicións, a necesidade de mellora da estrada do Castillo de Camariñas ou a cuberta do Museo de Man de Camelle.

Neste pleno, tamén por unanimidade, aprobouse a a ratificación do Decreto de solicitude de subvención á Deputación do investimento “Proxecto básico e de execución para a protección e posta en valor de cruceiro en Xaviña», e dúas mocións do PP e do BNG de apoio o sector pesqueiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos