Acordo no Parlamento Galego para esixir solucións ós problemas no subministro eléctrico en Mazaricos

O Parlamento de Galicia acordou instar á Xunta de Galicia a “demandar das empresas distribuidoras de electricidade o cumprimento dos estándares de calidade eléctrica” en toda Galicia e “nomeadamente no concello de Mazaricos”.

E tamén se pide que se realice “un control exhaustivo da calidade da subministración de enerxía por parte das distribuidoras e a comprobar o cumprimento dos estándares”.

A iniciativa tamén recolle que a Xunta de Galicia esixirá das empresas distribuidoras “acometer de xeito urxente os investimentos necesarios para o cumprimento dos parámetros de calidade, e a rápida e efectiva indemnización ás persoas e empresas afectadas».

Proposta do BNG

A proposta, que contou co apoio do Partido Popular e do PSOE, foi presentada polo BNG. O deputado Xosé Manuel Golpe manifestou que “o Concello de Mazaricos xa é o símbolo dunha contradición estrutural: un territorio con capacidade de xerar centos de megavatios sofre cortes diarios mentres a súa infraestrutura de distribución recibe cero melloras».

Golpe denunciou a gravidade dun problema que se veu agravando nos últimos cinco ou seis meses, aínda que arrastra dende hai anos. «Mazaricos conta con instalacións eólicas e hidroeléctricas que suman unha capacidade instalada estimada de preto de 400 megavatios» apuntou.

Esta proposición foi aprobada na Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos