Alberto Romar reclama á Xunta solucións en tres estradas de Santa Comba

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, volveu reclamar á Xunta de Galicia prazos concretos para acometer actuacións de mellora da seguridade viaria en tres estradas autonómicas ao seu paso polo municipio. Trátase da AC-546 en San Martiño, da AC-441 na Pereira e da AC-400 no tramo comprendido entre Mourelle e Montouto, onde a ausencia de beirarrúas ou sendas peonís supón un risco constante para a veciñanza.

“Só queremos saber cando e como se pode afrontar esta necesidade”

Romar lembra que leva dous anos enviando escritos á Presidencia da Xunta, á Consellería de Infraestruturas e á delegación territorial da Coruña, sen obter resposta, a pesar de ter achegado tamén sinaturas dos veciños afectados. “Só queremos saber cando e como se pode afrontar esta necesidade”, subliña o alcalde, quen insiste en que o Concello estaría disposto a asumir determinados gastos ou o mantemento posterior, pero considera que o investimento principal debe corresponder á Xunta como titular das vías.

Segundo explica, nos tramos de San Martiño e A Pereira a perigosidade é especialmente evidente, xa que a veciñanza carece de espazos seguros para camiñar e vese obrigada en ocasións a apartarse á cuneta ante o paso dos vehículos. Trátase, engade, de actuacións puntuais e de pequena extensión que non requirirían un gran investimento. No caso da AC-400 entre Mourelle e Montouto, cun tramo de arredor de quilómetro e medio, recoñece que a intervención sería máis custosa, pero lembra que tamén existe unha demanda veciñal avalada con sinaturas.

Peticións trasladadas ao Presidente da Xunta

O alcalde asegura que estas peticións foron trasladadas directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e advirte da necesidade de obter unha resposta clara antes de que se produza algún accidente grave. Ademais, manifesta o seu apoio ás posibles mobilizacións pacíficas da veciñanza se continúa a falta de respostas por parte do Goberno galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos