9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

Paula Prado: “Nunca imos deixar tirados aos nosos mariñeiros”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, visitou Muxía, onde reiterou o apoio do Partido Popular ás demandas do sector pesqueiro para flexibilizar os controis europeos. A dirixente popular cargou contra a “incoherencia” do PSOE e o “oportunismo” do BNG no debate sobre o control da pesca.

Prado, acompañada pola portavoz local e tenente de alcalde, Sandra Vilela e a deputada autonómica Paula Mouzo Mas, asegurou que “somos o Partido da Pesca” e que “nunca imos deixar tirados aos nosos mariñeiros”. Segundo indicou, o PPdeG reclamoulle ao Goberno de Sánchez que aplicase a normativa europea “dun xeito que non afogara aos pescadores”, e afirmou que “vimos que a flexibilización era posible, só era cuestión de vontade política”. Neste sentido, sostivo que o Executivo cambiou a súa postura “grazas á insistencia do PPdeG e, por suposto, grazas á presión do sector”.

«Non más sobresaltos»

A secretaria xeral popular esixiulle ao Goberno central “non máis sobresaltos” con este asunto e asegurou que a “incerteza e a tensión” xerada ao sector do mar nos últimos días foi “gratuíta, innecesaria e totalmente evitable”. Ademais, puxo en valor a posición “clara e coherente” do PPdeG fronte a un PSOE “tan entretido cos seus asuntos de corrupción que a pesca é a súa última prioridade”, e criticou un BNG que, segundo afirmou, “en Europa segue aliado co Grupo dos Verdes, que apoiou o veto á pesca de arrastre”.

Pola súa banda, Sandra Vilela subliñou que “o PP sempre estivo ao lado dos mariñeiros e do sector” e lamentou que o Goberno central “non escoitara antes ao sector da pesca”. Vilela defendeu tamén a pesca artesanal como “sinal de identidade” e asegurou: “Pelexaremos pola pesca artesanal, o noso sinal de identidade”.

Mercosur

Prado referiuse tamén ao acordo UE-Mercosur, asegurando que o PPdeG non vai consentir que se aplique “sen as cláusulas de salvagarda automáticas e sen un reforzo claro dos controis en fronteira”, ao considerar estas medidas clave para protexer a actividade económica do agro galego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos