10.9 C
Santa Comba
jueves, febrero 12, 2026

O BNG reclama arranxos urxentes no ximnasio de Santa Comba

O BNG de Santa Comba reclamou ao goberno municipal medidas urxentes para reparar o ximnasio público do Complexo Deportivo Municipal Fontenla, tras denunciar un deterioro que, segundo afirma, está a poñer en risco a seguridade das persoas usuarias.

O portavoz nacionalista, Juan David Sixto, rexistrou unha iniciativa no Concello na afirman facerse eco das queixas veciñais e enumera os principais problemas detectados: goteiras continuas, auga encharcada, deterioro avanzado das máquinas deportivas e zonas nas que a auga se acumula preto de instalacións eléctricas.

Medidas urxentes

Sixto considera que a situación “é lamentábel” e sostén que non se pode agardar máis para actuar, sobre todo pola evolución das últimas semanas, xa que as fortes choivas estarían agravando os danos e aumentando os riscos. O portavoz alerta de que o problema “vai a máis” e insiste na necesidade de executar as medidas oportunas canto antes.

Desde o BNG tamén critican que o Concello acumula incidencias en distintos servizos públicos (centro médico e centros de ensino) e lamentan que, despois doutras denuncias sobre instalacións municipais, «agora sexa o ximnasio o que presente un estado que cualifican de inadmisíbel».

Fotos- BNG de Santa Comba

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos