9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

O PSdeG denuncia o “estado lamentable” do CPI de Zas e esixe solucións á Xunta

O PSdeG-PSOE denunciou no Parlamento de Galicia o “estado lamentable” no que se atopa o CPI de Zas e rexistrou unha iniciativa para reclamar á Xunta de Galicia solucións á situación do centro educativo.

A deputada socialista Patricia Iglesias trasladou ao Parlamento as reclamacións da ANPA do colexio, recollidas tras varias reunións coa voceira socialista en Zas, Sheila Rial. Entre as principais deficiencias do centro destacan goteiras e humidades.

“Os que somos nais e pais non queremos que os nosos nenos e nenas vaian a un colexio nun estado lamentable”, destacou Iglesias. “O Concello de Zas é un gran esquecido para a Xunta de Galicia”, engadiu.

A parlamentaria lembra que o Partido Popular rexeitou as emendas do Grupo Socialista para incluír investimentos en Zas nos orzamentos autonómicos de 2026. Ademais do CPI de Zas, tamén o CEIP Labarta Pose de Baio presenta diversas carencias.

“Igual que reclamamos unha reforma integral do CPI de Zas, queremos que a Xunta de Galicia colla o touro polos cornos e realice un investimento serio, sen parches, que a comunidade educativa leva anos solicitando”, concluíu Iglesias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos