9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

Denuncian o bloqueo de rutas de bus escolar na Comarca do Xallas

Malestar crecente entre as familias da Comarca do Xallas polo bloqueo do transporte escolar durante a folga do sector, unha situación que deixou a máis de 600 alumnos e alumnas sen poder acudir aos seus centros educativos en varias xornadas.

As ANPAS dos colexios CEIP Barrié de la Maza, CEIP Pepe Xan Baña, CEIP Víctor Sáenz e do instituto IES Terra de Xallas denuncian que, malia que o transporte escolar está declarado servizo mínimo, os autobuses non están a realizar con normalidade as rutas asignadas.

Segundo explican as familias, a presenza de piquetes nas bases de saída está a impedir que os vehículos escolares poidan iniciar os seus percorridos, o que está a provocar que centos de menores queden na casa sen alternativa de desprazamento. As ANPAS sinalan que comprenden as reivindicacións laborais do sector, pero consideran inaceptable que os dereitos do alumnado se vexan vulnerados. Lembran que os servizos mínimos teñen carácter obrigatorio e deben ser respectados.

As familias reclaman unha intervención efectiva por parte das administracións competentes e das forzas de seguridade para garantir a libre circulación dos autobuses escolares, especialmente de cara ás próximas xornadas de folga convocadas para os días 19, 20 e 23 de xaneiro.

Ademais do impacto educativo, a interrupción do transporte está a xerar serios problemas de conciliación, obrigando a moitos pais e nais a ausentarse de maneira imprevista dos seus postos de traballo para levar ou recoller aos seus fillos e fillas, unha situación que afecta con especial dureza ás familias sen rede de apoio.

As ANPAS advirten de que, se a situación non se resolve, non descartan impulsar mobilizacións conxuntas para reclamar unha solución inmediata que garanta o acceso dos menores ao transporte escolar.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos