9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

O PSdeG de Muxía critica o cobro dos campamentos e promete recuperar a súa gratuidade se goberna

Os socialistas de Muxía anunciaron que eliminarán as taxas dos campamentos de conciliación se volven gobernar o concello. Fano, segundo explican, tras a decisión plenaria de PP, BNG e independentes de cobrar estes servizos ás familias, algo que o PSdeG considera unha mala xestión do actual goberno municipal.

Nun comunicado, o grupo socialista asegura que leva meses advertindo dunha perda de calidade nos programas de conciliación, que atribúe á falta de rigor organizativo e á imposición de prezos públicos. Afirman tamén que o incremento das taxas provocou un mínimo histórico de participación durante o Nadal, convertendo, segundo din, os campamentos “nos máis caros da Costa da Morte”.

O portavoz socialista, Iago Toba, sostén que o seu partido sempre se opuxo a que as familias tiveran que pagar por conciliar e defende a volta á gratuidade total dos campamentos, como —segundo lembra— sucedía cando gobernaban.

Desde o PSdeG sinalan directamente ao voto favorable do BNG como clave para que a proposta do PP e dos independentes saíse adiante no último pleno, unha decisión que consideran contraditoria coa postura pública dos nacionalistas.

Os socialistas conclúen que, se recuperan a alcaldía, os programas de conciliación volverán ser gratuítos, mantendo duración e calidade, tal e como —aseguran— ocorría en mandatos anteriores.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos