10.3 C
Santa Comba
domingo, febrero 1, 2026

Patricia Iglesias: “Non vai ser autovía, vai ser un corredor”

A deputada do PSdeG, Patricia Iglesias, criticou hoxe o proxecto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para prolongar a AG-55, lembrando que o tramo anunciado entre Santa Irena e a estrada AC-432 só terá unha calzada compartida para ambos sentidos, polo que “non vai ser autovía, vai ser un corredor”.

Iglesias explicou que a ampliación da autovía da Costa da Morte é un proxecto iniciado polo Goberno de Touriño, que prevía levar a AG-55 ata Berdoias, máis de 15 quilómetros máis alá do punto actual. A parlamentaria socialista recriminou que Feijoo paralizara esta obra cando chegou á Xunta en 2009, provocando anos de atraso. Segundo Iglesias, o novo treito só estará rematado cara ao 2028, “coincidindo coas eleccións autonómicas”.

A deputada asegurou que o PSdeG manterá o seu compromiso coa finalización da infraestrutura e seguirá reivindicando no Parlamento a prolongación ata Berdoias, tal como estaba previsto no proxecto orixinario.

Ademais, Iglesias criticou a “incoherencia” do Goberno do PP respecto ás peaxes. Mentres nas autoestradas estatais os usuarios teñen bonificacións de ata o 75 %, na autoestrada da Costa da Morte, de titularidade autonómica, mantéñense peaxes consideradas abusivas no tramo Carballo-A Coruña. A parlamentaria denunciou que o PP trata así aos veciños como “habitantes de segunda” e subliñou a necesidade de políticas que melloren a mobilidade e a igualdade territorial na comarca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos