9.7 C
Santa Comba
sábado, enero 31, 2026

Alfonso Rueda presentou en Vimianzo o novo treito da autovía

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a licitación da prolongación da autovía da Costa da Morte, cun novo tramo de 5,8 quilómetros entre Santa Irena, en Vimianzo, e a estrada AC-432, libre de peaxes. Segundo destacou, a obra permitirá “infraestruturas máis sostibles, máis seguras e máis cómodas para os usuarios”.

O proxecto, que comezará en xullo, contará cun investimento de 36,3 millóns de euros e incluirá dous enlaces con previsión dun terceiro, tres viadutos, seis pasos superiores, tres pasos inferiores e seis obras de drenaxe. A estrutura máis destacada será o viaduto sobre o río Vimianzo, de preto de 250 metros de lonxitude.

“Un proxecto longamente esperado pero que hoxe xa publicamos. Unha prolongación dunha infraestrutura empezada hai moito tempo e que agora da un paso importante e queda para as medras” declarou Alfonso Rueda, aclarando que estamos falando dunha Vía de Alta Capacidade, que podería converterse en autovía depedendo da demanda de tráfico.

Explicou que estas actuacións permitirán mellorar a conexión da zona e reducir os tempos de desprazamento. A Xunta tamén anunciou a conxelación das peaxes na AG-55 entre A Coruña e Carballo, así como na AG-57 do Val Miñor. Segundo os cálculos do Goberno galego, un usuario que percorra diariamente o tramo A Coruña-Carballo aforrará máis de 390 euros ao ano, cantidade que pode chegar aos 882 euros en familias numerosas.

O presidente recordou que o obxectivo da Xunta é continuar a ampliación da autovía da Costa da Morte, que actualmente conta con case 28 quilómetros libres de peaxe, e seguir aumentando os quilómetros de vías de alta capacidade en Galicia.

No acto estivo acompañado pola Conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, por alcaldes da comarca, e polos deputados Rubén Lorenzo e Paula Mouzo Mas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos