A corporación de Zas aproba a RPT e a remodelación da Praza do Campo

A corporación municipal de Zas aprobou este luns, nun pleno extraordinario, a Relación de Postos de Traballo, a RPT do concello.

De acordo coa información municipal, o documento é resultado dun proceso de negociación sindical no que participou Comisiones Obreiras, dentro dun diálogo aberto ás organizacións sindicais con representación, que foron convidadas a formar parte das negociacións.

Fontes municipais sinalan que a aprobación da RPT supón a actualización e redefinición das funcións dos distintos postos, a súa adaptación á normativa e á organización actual da administración local, así como a creación de novos postos para reforzar a prestación dos servizos municipais.

Praza do Campo

No mesmo pleno, aprobouse tamén a participación do Concello de Zas no POS+ Adicional da Deputación da Coruña. O acordo permitirá financiar o proxecto de renovación e mellora da accesibilidade da Praza do Campo, situada no núcleo urbano da localidade.

A actuación contará cun orzamento total de 685.223,39 euros, que inclúe a achega provincial, a achega municipal e a colaboración da Xunta de Galicia.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, explicou que “con estas decisións seguimos a traballar nun dobre eixe fundamental: por unha banda, dotar ao Concello dunha estrutura de persoal moderna e ben organizada, e por outra, impulsar investimentos estratéxicos que melloren os espazos públicos e a calidade de vida dos veciños e veciñas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos