9.7 C
Santa Comba
jueves, enero 8, 2026

Rafael Mouzo: “A comarca sería outra se Pepe Miñones non fose fusilado”

O exalcalde de Corcubión, Rafael Mouzo Lago, repasou nunha entrevista en Radio Xallas diversos episodios da súa traxectoria política e vital, centrando o seu relato en momentos decisivos relacionados coa historia da comarca, a evolución do nacionalismo galego e as súas experiencias institucionais en países como Libia e Cuba.

O 23-F

Un dos puntos máis destacados foi o 23 de febreiro de 1981, xornada que cualificou como de enorme tensión. Explicou que, ao confirmarse o intento real de golpe de Estado, comunicou á corporación municipal que «cada un que tome súa decisión libremente».

Anos máis tarde, un participante nunha reunión política da comarca reveloulle información sensible: «teño que contarte algo, porque ti sempre te portaste ben comigo». Segundo ese testemuño, nunha xuntanza celebrada esa noite elaborouse unha listaxe de persoas coñecidas da zona que poderían ser obxecto de represalias se a intentona chegase a triunfar.

Audio coa entrevista a Rafael Mouzo en Radio Xallas

O legado de Pepe Miñones

Na parte histórica da entrevista, Mouzo deu un protagonismo especial á figura de Pepe Miñones, de quen destacou tanto o valor persoal como o talento político. Subliñou que «era licenciado en Dereito (…) e era deputado no Congreso no 36», e que «tiña un proxeto impresionante para Corcubióne para a comarca». Lembrou tamén a súa capacidade de mobilización: «Fixo asambleas por toda a comarca para apoiar o ferrocarril das tres Cs», proxecto que Miñones consideraba estratéxico para Galicia (un ferrocarril Coruña- Carballo-Corcubión que tamén defendeu Plácido Castro).

Para Rafael Mouzo, o seu fusilamento en 1936 foi «unha perda moi grande para toda a comarca», ata o punto de afirmar que o territorio tería evolucionado de forma distinta se Miñones non fose eliminado da vida pública.

Contactos con Gaddafi

Outro bloque central da conversa foi a súa experiencia internacional. Sobre Libia, explicou que existiu «un proxecto moi bonito para a pesca extraordinario, para pescar os nosos barcos», baseado en que «eles non consumen peixe, pero teñen bos criadeiros». Detallou que «tiñamos unha especie de concesión para iso» e que mesmo houbo responsables políticos que o valoraron positivamente.

A súa análise do contexto xeopolítico é inequívoca: «Estados Unidos o que quería de Libia era o petróleo. Xa o teñen», nunha crítica directa ao papel da OTAN e a gobernos occidentais no derrube de Gaddafi

Fidel Castro e Moraime

Un dos momentos máis reveladores da entrevista foi o relativo á súa relación con Cuba. Mouzo recordou que participou nun encontro internacional de concellos iberoamericanos, no que decidiu intervir en galego: «fun, e falei en galego». Esa intervención chamou a atención de Fidel Castro porque «visionaba todo» e identificou a lingua como «o idioma do seu pai».

Horas máis tarde recibiu no hotel unha chamada inesperada: «está invitado a unha cea del comandante», o que permitiu un encontro persoal que lle deixou unha forte impresión. Alí comprobou como Castro coñecia a historia de Galicia e lle falou das pinturas de Moraime, que representan os pecados capitais. Sobre Cuba, resume: «É un país que tes que querer á forza. Porque é unha xente maravillosa. E eu quero Cuba».

Un BNG en ascenso

Falando de política galega, afirmou estar convencido de que o BNG pode chegar ao goberno: «Eu penso que si (…) as enquisas están dando unha subida bastante importante ao BNG». Tamén defendeu que Galicia debe adoptar «un papel máis reivindicativo» fronte ao Estado, do mesmo xeito que outras comunidades.

Por último, lembrou a creación da radio municipal Radio Nerio (hoxe Radio Neria), proxecto pioneiro que definiu como esencial: «é moi importante a comunicación cos teus veciños e coa comarca». Concluíu cunha mensaxe á cidadanía: «A presencia física sempre ten máis valor que o que se publica nas redes», apelando á mobilización social como ferramenta democrática.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos