9.2 C
Santa Comba
jueves, enero 8, 2026

Rafael Mouzo: “Aquí vivimos en parceliñas, non hai unha visión comarcal”

O ex alcalde de Corcubión, Rafael Mouzo Lago, lembrou en Radio Xallas varios episodios da súa vida política e tamén a súa visión sobre asuntos de actualidade.

A entrevista a Rafael Mouzo

Un político instintivo, pero máis maduro

Mouzo definiuse con claridade: “Un animal político desde que se ergue até que se deita”. Asegurou que, co paso dos anos, vivía esa condición con máis serenidade: “Estaou máis maduro ca hai vinte anos; o tempo mellora os pensamentos, as ideas e mesmo os sentimentos”.

Advirtiu tamén do impacto das redes sociais na sociedade actual: “Hoxe hai moita contaminación informativa. Lárgase moita publicidade falsa e hai que estar moi preparado para discernir”.

O ex rexedor lembrou os seus 25 anos como alcalde e outros 8 como concelleiro:“A política dá golpes, sobre todo cando tes recursos limitados e necesitas facer malabarismos para sacar proxectos adiante”.

Costa da Morte: a visión comarcal que nunca chegou

Un dos eixos constantes da súa vida pública foi a necesidade dunha mirada supramunicipal. A súa frase foi categórica e textual:“Aquí vivimos en parceliñas, pero eu sempre pensei que a mentalidade ten que superar a localidade, ten que superar o teu concello.”

Reivindicou a creación da Asociación Neria, entidade supramunicipal da que foi impulsor: “Eu prendín esa chama”. Sobre Neria afirmou:”De Nería fixéronme dimitir. Tería moito que contar pero aínda non estou preparado”.

Porén, lamentou a falta de continuidade de entes comarcais:“Non hai visión comarcal. As mancomunidades non funcionan e a necesidade está aí”.

Turismo: advertencia dun colapso de calidade

Mouzo advertiu dunha situación que consideraba preocupante: “Algún concello pode morrer de éxito: moitos visitantes, pero de mala calidade. Hai sitios onde nin podes tomar un café”.

Para el, a masificación compromete tanto o servizo como a identidade dos lugares.

O Casón: dúbidas abertas e xestión deficiente

Ao lembrar a crise do Casón, Rafael Mouzo foi directo:“Quedaron moitas dúbidas”. Describiu unha xestión marcada pola desinformación e a opacidade institucional: “Descoñecían o que había. Non sabían o que levaba o barco nin que riscos existían”.

Tamén lembrou o afundimento dunha embarcación nova o 14 de maio de 1988 da antiga Xunta de Obras do Porto da Coruña:

“A gabarrita recién estreada afundiuse no canto do Muñeco en Fisterra. Aquel episodio nunca se explicou ben”. Pensa que o actual alcalde de Vigo que daquela era Ministro de Transportes, Abel Caballero, podería dar explicacións ao respecto.

Prestige: mala xestión, pero unha resposta cidadá exemplar

En comparación, non viu grandes diferenzas entre ambas crises: “As dúas xestións foron malas”.

Do Prestige gardou, con todo, unha das mellores impresións da súa vida pública: “Aloxáronse miles e miles de voluntarios no pavillón de Corcubión. A relación con eles foi marabillosa; cantabamos coplas de Rosalía”.

Louvou o papel das xentes que nos axudaron:”No Prestige salváronnos os voluntarios, que colleron toneladas de chapapote. Merecen un monumento”.

As filtracións de Selectividade: a denuncia que sacudiu Galicia

O político corcubionés volveu sobre un dos episodios máis coñecidos da súa carreira, cando destapou que determinadas persoas e colexios tiñan acceso ás probas pagando cantidades elevadas: “Había quen pagaba até medio millón de pesetas polas probas”.

Relatou como redactara a denuncia no Reitorado: “Pedín un folio e escribín. Esixín que me puxeran a hora exacta, porque ás 4 e media abríanse as probas e quería demostrar que xa se coñecían antes”. As consecuencias persoais foron duras: “Chamadas, insultos, ameazas… foi terrible”.

O ex alcalde definiuse cunha frase que resumía a súa vida pública: “Eu son visceral. Onde vexo algo mal, está mal, sexa quen sexa. Actúo con todas as consecuencias”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos