Fisterra reúne o sector turístico para preparar a tempada 2026

O Concello de Fisterra reuniu no Salón de Plenos a representantes do sector turístico local co obxectivo de analizar o desenvolvemento da tempada estival recentemente finalizada e comezar a planificación das accións para o ano 2026.

No encontro participou o alcalde de Fisterra, Luis Insua, acompañado polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e polo membro da directiva Jesús Picallo. A entidade realizou unha análise da situación turística a nivel autonómico, destacando as novas oportunidades que se presentan para o municipio e para o conxunto da comarca. Segundo expuxeron, a consolidación e fortalecemento da marca Fisterra será determinante nos próximos anos.

Pola súa banda, o alcalde Luís Insua explicou o plan de acción que o executivo municipal está a desenvolver desde a toma de posesión. Entre as liñas avanzadas figuran a renovación da sinalización turística, a reubicación da estación de autobuses e melloras nos paseos marítimos, ademais doutras actuacións destinadas a reforzar a calidade da experiencia turística no destino.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos