15.3 C
Santa Comba
jueves, octubre 30, 2025

O Portavoz do PP de Mazaricos, na Comisión de Residencias da Deputación

Será un dos catro deputados encargados de deseñar o futuro das residencias de maiores da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acaba de firmar a resolución pola que se constitúe a Comisión político-técnica para a posta en marcha das Casas de Apoio a Persoas Maiores, máis coñecidas como Residencias de Maiores, e da que formará parte o portavoz do Partido Popular de Mazaricos e tamén Deputado Provincial José Manuel Caamaño, designado polo grupo Popular e polo seu portavoz Evaristo Ben.

Ao seo carón, ademais do propio Formoso, estará un representante de cada grupo político con representación na Deputación así coma o interventor xeral, o secretario xeral, xefes dos servicios implicados coma Patrimonio, contratación, arquitectura e mantemento, ademais do persoal técnico da institución provincial.

Na súa man está elaborar nos vindeiros meses unha memoria na que se analicen os aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros de cara á creación e xestión económica deste servizo público ás persoas maiores.

Curiosamente este nomeamento coincide coa aprobación por parte do goberno do BNG de Mazaricos da creación dunha Residencia de Maiores privada neste Concello, e cuxa adxudicación foi parar á empresa ourensá Coviastec S.L.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos