O Concello de Santa Comba ven de facer a cesión dun terreo próximo ao CEIP Barrié de la Maza, que será empregado polo alumnado para desenvolver actividades na natureza: cultivo dun horto escolar, plantacións, proxectos de reciclaxe e outras propostas ecolóxicas.
O director do centro, César Ramos, agradeceu “o compromiso do Concello coa educación ambiental e co noso alumnado, ofrecendo un espazo que permitirá aprender en contacto directo coa natureza”.
Pola súa parte, o alcalde Alberto Romar destacou “a importancia de apoiar iniciativas educativas que fomenten valores de respecto polo medio ambiente e o traballo en equipo”.


