Un octoxenario perdeu a vida na noite de onte tras ser atropelado na Avenida Antonio Tomé Taboada, en Santa Comba.
O 112 Galicia recibiu o aviso ás 21:10 horas, cando varios particulares alertaron de que se producira un atropelo e que se lle estaban practicando manobras de reanimación á vítima, que podería estar falecida.
Decontado, o 112 Galicia deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
A pesar dos esforzos por reanimar ao home, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Información ofrecida por 112 Galicia- AXEGA–
foto- GOOGLE –

