14.7 C
Santa Comba
viernes, octubre 31, 2025

O PSOE de Carballo lamenta o xuramento “por imperativo legal” do novo alcalde

O PSdeG-PSOE de Carballo lamentou que o novo alcalde, Daniel Pérez (BNG), xurase cumprir a Constitución Española “por imperativo legal” no pleno de investidura.

A voceira socialista local, María Carmen Vila, declarou que “nesta cuestión non pode haber medias tintas” e criticou que, ao seu xuízo, os complexos do BNG impediron que o alcalde prometese cumprir a norma que lle permite exercer o cargo.

O grupo socialista tamén censurou que Pérez non acudise á cerimonia relixiosa posterior á investidura, á que asistía o seu predecesor, Evencio Ferrero, aínda que si participou nos actos posteriores.

Vila afirmou que o alcalde, como representante da cidadanía e da institución municipal, debería guiarse por criterios institucionais. Engadiu que, segundo o PSOE, “nun momento no que a intolerancia ameaza os valores da Constitución, é máis importante que nunca defendela e amosar apoio sen ambaxes á mesma”.

O PSOE de Carballo reafirmou o seu compromiso coa Constitución e co respecto á legalidade e á vontade democrática expresada polo pobo español.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos