15.3 C
Santa Comba
viernes, octubre 31, 2025

A Xunta mellora o servizo de bus para o alumnado de Camariñas que estuda no IES Terra de Soneira

A deputada autonómica Paula Mouzo Mas valora moi positivamente a resposta da Xunta de Galicia as peticións que lle trasladei en diferentes conversas e que recollían as demandas dunhas familias do concello de Camariñas “.

A Xunta de Galicia informou que introducirá cambios na oferta de transporte público para garantir que o alumnado de Camariñas poida desprazarse diariamente ao IES Terra de Soneira, en Vimianzo. A medida dá resposta ás demandas trasladadas polas familias, que solicitaban unha solución para facilitar a asistencia ao centro educativo.

A partir do luns 13 de outubro, habilitarase un novo servizo con saída de Camariñas ás 08:00 horas, de luns a venres, que fará parada no IES Terra de Soneira e continuará cara a Santiago. Esta proposta unifica dous servizos que ata agora funcionaban por separado: un que partía de Camariñas ás 8:25 só os luns e venres, e outro que saía de Vimianzo cara a Santiago ás 9:05 os martes, mércores e xoves. Así, mellórase a mobilidade do alumnado cara ao instituto e mantense a conexión da comarca coa capital galega.

Na volta, unifícanse tamén os servizos de regreso. O autobús sairá de Santiago ás 13:00 horas e pasará polo IES Terra de Soneira ás 14:40, garantindo un transporte axeitado para que o alumnado poida retornar a Camariñas ao finalizar a xornada lectiva.

Segundo explica a Xunta, a modificación supón integrar nun único servizo expedicións que ata agora se facían de forma separada, optimizando a oferta e axustándoa ás necesidades reais do alumnado e das súas familias.A programación actualizada pódese consultar en bus.gal.

Valoración de Paula Mouzo

A portavoz municipal do Partido Popular e deputada autonómica, Paula Mouzo Mas, valorou “moi positivamente” o anuncio da Xunta de Galicia que supón a mellora do servizo de bus para o alumnado de Camariñas que acode ao IES Terra de Soneira de Vimianzo.

Paula Mouzo agradece “a receptividade e o interese” da Consellería de Presidencia da Xunta e a “firme vontade” de dar solución “as peticións que lle trasladei en diferentes conversas e que recollían as demandas dunhas familias do concello de Camariñas “.

Neste senso, Mouzo destaca o “traballo” da Directora Xeral de Mobilidade, Judit Fontela e da directora territorial Mar Ferreiro “que estiveron sempre atentas a nosa solicitude, que finalmente se traduce nun beneficio para estos alumnos e as súas familias”.

No último pleno da corporación de Camariñas, a portavoz do PP informou o resto dos grupos políticos que había contactos coa Xunta e que se estaba “tentando encontrar unha alternativa” que finalmente derivou neste anuncio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos