Familias de Muxía denuncian recortes que afectan ao alumnado con necesidades especiais

As nais de alumnado dos centros educativos de Muxía manifestan o seu malestar polos recortes na educación inclusiva que, segundo din, están a sufrir no CEIP Virxe da Barca e no CEIP dos Muiños neste curso 2025/26.

Segundo relatan, trasladaron estas preocupacións á inspectora educativa da Consellería de Educación nunha reunión o 19 de setembro, incidindo na falta de profesorado de apoio e no impacto negativo que, ao seu ver, isto pode ter no proceso educativo e no desenvolvemento dos seus fillos e fillas. Ademais, afirman que a redución de persoal impide cumprir as ratios en determinados momentos e dificulta cubrir ausencias por baixas ou imprevistos.

De acordo coas versións das familias, a inspectora comprometeuse nesa reunión a estudar unha solución, propoñendo como posible medida un profesor de apoio compartido entre ambos centros para manter as mesmas horas do curso pasado. A inspectora pediu un prazo de dúas semanas para ofrecer unha resposta definitiva. Porén, sinalan que a comunicación oficial chegou antes deste prazo e que en ela se lles informou da decisión de non ampliar recursos nin introducir cambios para este curso, argumentando que a situación actual é suficiente.

As familias consideran que esta resposta non atende ás súas demandas e afirman sentirse enganadas, ao entender que a petición de tempo era unha fórmula para dilatar o proceso e non buscaba unha solución real.

Ademais, sosteñen que estes recortes dificultan unha educación inclusiva e anuncian posibles mobilizacións públicas se non se produce unha rectificación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos