Regueira salienta o valor de Brandomil como recurso para educar e atraer ás novas xeracións ao patrimonio local

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, visitou a nova oficina de información turística de Brandomil acompañado polo alcalde, Manuel Muíño, o presidente da Fundación Brandomil e o equipo técnico das escavacións arqueolóxicas. Durante a visita, Regueira supervisou os traballos na ponte romana e no xacemento da Pedra do Altar, onde, segundo o arqueólogo Lino Gorgoso, os últimos descubrimentos sinalan a existencia dunha antiga cidade romana baixo terra.

A Deputación confirmou o seu apoio ao Concello de Zas e á Fundación Brandomil para manter activa a oficina turística durante todo o ano, co obxectivo de reducir a estacionalidade e garantir a promoción do patrimonio local.

Brandomil, un lugar único

“Brandomil non só é historia, é tamén presente e futuro, por iso hai que divulgalo tamén entre a rapazada, que volverán despois cos seus pais a visitar este lugar único”, salientou Regueira.

Esta colaboración abre novas vías para a difusión e conservación do legado arqueolóxico da Costa da Morte, facilitando actividades e visitas en todas as estacións do ano e contribuíndo ao turismo sustentable e ao coñecemento dun dos enclaves máis singulares da comarca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos