Cinema, Alborada, La Fórmula e Costa Dorada amenizan as festas de Castriz

O cartel das Festas de Castriz, en Santa Comba, anuncia o programa para 2025 cunha variada oferta musical, gastronómica e relixiosa durante tres días. O venres 19 de setembro celebra a “Festa do Calimocho”, con chourizo ó viño, o calimocho e unha gran verbena amenizada pola orquestra Cinema de César Romero e a disco móbil Macro CDC. Estes actos terán lugar no campo da festa.

La Fórmula e o Trío Alborada en Santa Rita

O sábado 20, na honra a Santa Rita, celebraranse misas a diferentes horas (8:00, 9:00, 11:00, 12:00, 13:00 e 19:00), incluíndo unha procesión desde a igrexa. O programa inclúe pasarrúas, concerto do Grupo de Gaitas Santa Combers, sesión vermú a cargo do Trío Alborada e pola noite verbena coa orquestra La Fórmula e Macro CDC. Rematará cunha gran sesión de fogos artificiais.

En La Fórmula está o carismático Peke, o seu fillo Kevin Moreira e tamén o caionés Ángel Mosquera gañador da presente edición da Liga dos Cantantes Extraordinarios da TVG.

Costa Dorada con Ara Nieto, o día das Dolores

O domingo 21 está dedicado á Nosa Señora das Dolores, con misas, procesión, pasarrúas, concerto do Grupo de Gaitas Os Garuleiros, sesión vermú e verbena coa orquestra Costa Dorada.

Nesta orquestra milita a artista mazaricá, Ara Nieto, gañadora do Recantos do Luar na edición 2022. Nesa época visitou en varias ocasións Radio Xallas.

O cartel tamén mostra a colaboración da comisión con numerosos negocios e entidades locais, reforzando o carácter comunitario das festas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos